• Inicio
  • El Club
    • Historia A.D. Cortegada
    • Palmarés
    • Patrocinio
  • Kemegal Cortegada
    • Plantilla 2021/2022
    • Cuerpo Técnico
    • Imágenes Cortegada
    • Resultados
    • Clasificación
  • Categorías Base
    • Junior liga autonómica
    • Cadete liga autonómica
    • Infantil liga autonómica
    • Imágenes presentación CLB
  • Novedades
    • Noticias
    • Crónicas
    • Crónicas base
    • Entrevistas
  • Documentos y RRI CLB
    • REGLAMENTO DE RÉGIMEN INTERNO – C.L.B.
  • GRUPO100

Non ó cambio de nome do IES Miguel Ángel González Estévez

Publicada en mayo 10, 2022 de admin

“Non teño talentos especiais, pero si son profundamente curioso.”

Albert Einstein

Nos centros educativos debería primar a curiosidade como medio de alcanzar o coñecemento, e o desenvolvemento das cualidades e capacidades do alumnado para poder aproveitar o aprendido; Miguel Ángel González Estévez era desa opinión e nesa confianza creou unha estrutura educativa que se chamaba Instituto de Carril, a súa fe nas habilidades do alumnado foi quen de facer dun centro educativo convencional, o centro referente da cultura e as artes, do intercambio coa sociedade e da aprendizaxe activa.

O alumnado tiña exposicións regulares nunha sala do seu centro, polo que pasaron artistas de sona, facíase teatro que saía dos muros do centro e viaxaba a outros salóns de actos galegos, potenciábase a actividade musical dando cabida a grupos de todos os xéneros, chegando a crear un festival de música folk de ámbito autonómico para darlle visibilidade; sen esquecerse do deporte feminino, impulsado polo equipo de Miguel e do que, co seu esforzo persoal, xurdiu o Inelga, xermolo do actual Cortegada.

Saíron das súas mans deseños de moda, cancións, libros e todo tipo de artes e artistas que hoxe teñen un oco na sociedade, aínda que haxa xente que non os recoñeza coma tal. Por estes e outros milleiros de motivos, por ser inspiración e exemplo, foi polo que se levou a cabo unha mobilización popular que desexaba inmortalizar o seu traballo dándolle o seu nome ao centro ao que lle dedicou a súa vida, o instituto de carril, si, Instituto de Carril, que ninguén renega do lugar de ubicación do centro, pero tal ubicación non a vai perder xamais, e por unha falsa practicidade, hoxe perdeu o nome que merecía aquel que foi a casa acolledora de moita xente que se veu inspirada pola paixón de Miguel.

Repensen a súa decisión e miren a sociedade que os rodea e que non debe, nin quere, perder de vista o referente que foi Miguel Ángel.

Esa Comunidade escolar debería sentirse orgullosa de lucir na porta o nome dunha gran persoa e sobre todo aprender que non se debe esquecer a historia que lles deu forma; talvez no canto de cambiarlle o nome deberían pensar na divulgación dos seus feitos para que ninguén, e as persoas que forman o claustro menos, esqueza que a docencia precisa de paixón e curiosidade.

Un texto de Andrea Fdez. Maneiro (poeta)

Dende a Agrupación Deportiva Cortegada queremos aportar o noso granito de area para conseguir que non se cambie o nome do IES Miguel Ángel González Estévez. Por iso, unímonos a unha iniciativa que se iniciou por parte dalgunhas institucións e ex alumnos de Miguel e creamos un Change.org para recoller firmas. Por iso, animámosvos a todos a que nos axudedes cas vosas firmas. Queremos levalas ó Pleno do Concello de Vilagarcía no que se debatirá sobre este tema .

Compartimos ó enlace da petición: https://chng.it/Jkd6K7jWvR

ASINADO:

  • Leixapén
  • Asociación Cultural Malveiras
  • Mar Barral (ceramista)
  • Franco Quintáns (Deseñador de moda e “Dedal de oro, 2014.
  • Andrea Fdez. Maneiro (poeta)
  • Manuel Riveiro (músico e compositor)
  • Álex Vazquez (pintor)
  • Juan carlos Platis (pintor)
  • Carmen Cuervo Martinez (Pintora, musico, escritora e Dir.ª de arte)
  • Enma Casteñeiras Martínez (pintora, musico e Dir.ª de arte)
  • Agrupación Deportiva Cortegada
  • CLB
Twitt
Publicado en: Uncategorized |
« Gracias Miguel

Patrocinadores

Rehabmedic
Rehabmedic
Grupo Mariscos Antón
Grupo Mariscos Antón

Non á Violencia de Xénero

Non á Violencia de Xénero
Non á Violencia de Xénero
Non á Violencia de Xénero

PATROCINIOS

Abanca
Abanca
Galicia Saudable
Galicia Saudable
Deputacion de Pontevedra
Deputacion de Pontevedra
Fundación de Deportes
Fundación de Deportes
Galicia
Galicia
Deporte Galego
Deporte Galego

GRUPO 3

Aluma
Aluma Medical Art
Especialistas en cirugía y medicina estética, odontología, injerto capilar y depilación láser
sin-titulo
sin-titulo
fundiciones-rey2
fundiciones-rey2
logo
logo

Grupo 100

Mar de Arousa pescadería
Mar de Arousa pescadería
Mar de Arousa pescadería
Cristalarosa
Cristalarosa
El Taller del Olvido
El Taller del Olvido
A Despensa
A Despensa
Madison Av
Madison Av
Logo fondo azul_1
Logo fondo azul_1
Agepri
Agepri
La Toja Travel
La Toja Travel
Derby
Derby
Los Arcos
Los Arcos
fondo_ordena
fondo_ordena
rapariz_img14448t0
rapariz_img14448t0
Librería Pampin
Librería Pampin
Equivalenza
Equivalenza
Hotel Vilagarcía
Hotel Vilagarcía
LAREIRA
LAREIRA
Begoña Calvo Centro de Estética (1)
Begoña Calvo Centro de Estética (1)
ENJOY Café bar
ENJOY Café bar
Mike Barber Shop
1151963933 (1)
Trastero Bar
Trastero Bar
© A.D.CORTEGADA