A apurada vitoria do Portomar Cortegada o pasado sábado na cancha do León, cun 70-71 que tapou a relativamente clara superioridade vilagarciá, ábrelles a vía da ensoñación ao plantel e mais á afección de Fontecarmoa. E é que a falta de catro xornadas para o remate da fase regular, o cadro de Rubén Domínguez inda está en disposición de meterse na fase de ascenso á Liga Feminina.
Co triunfo sobre o ADBA, o Al-Qázeres converteuse o sábado no terceiro equipo do Grupo 1 clasificado para unha das dúas finais a catro, seguindo os pasos do Ensino e do Universitario de Ferrol. A oitava vitoria do Portomar situouno sexto empatado co Arxil, sétimo, e a dous triunfos do Celta, cuarto, e do ADBA, quinto.
Ao Portomar réstanlle dous partidos asequibles, o deste sábado na casa co Café Barco, e a vindeira semana, o máis complicado en Pontevedra co Arxil, para pechar a Liga ante os dous últimos clasificados, Ourense e Valladolid. No mesmo intervalo o Celta visita o pechacancelas e remata encadeando sendos choques cos tres cocos da Liga, mentres co ADBA xogará nas vindeiras dúas semanas co Ferrol e co Ensino, para rematar co Café Barco e co Pabellón. O problema, que o Portomar ten o basket average en contra co ADBA.
Fuente: La Voz de Galicia