• Inicio
  • El Club
    • Historia A.D. Cortegada
    • Palmarés
    • Patrocinio
  • Mariscos Antón Cortegada
    • Plantilla 2022/2023
    • Imágenes Cortegada
    • Resultados
    • Clasificación
  • Novedades
    • Noticias
    • Crónicas
    • Crónicas base
    • Entrevistas
  • Documentos y RRI CLB
    • REGLAMENTO DE RÉGIMEN INTERNO – C.L.B.
    • Protocolo de actuación frente a la violencia sexual FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE BALONCESTO
  • GRUPO100

Pepe Vázquez despídese da familia do Cortegada cunha carta pública

Publicada en junio 16, 2013 de admin

O adestrador santiagués Pepe Vázquez quíxose despedir da familia da Agrupación Deportiva Cortegada cunha carta pública, tras coñecerse fai esta semana que non seguirá á fronte do banco do primeiro persoal vilagarcián, cuxa continuidade aínda está no aire. Esta é a carta reproducida.

“Tras cinco anos fincado en Vilagarcía un xa pensaba que nunca tería que escribir algo como isto, que o nexo de unión era tan forte que nada nin ninguén o rompería. Pero iso son contos de fadas. A realidade da vida marca directrices distintas. De imaxinar un final está claro que sería distinto a leste pero iso xa é outra historia…

O realmente importante é que foron cinco anos fantásticos. Mediante estas liñas quero agradecer…

Á directiva do Cortegada, que confiou en min durante estes cinco anos, mostrou total respaldo ao traballo realizado e sostén co seu labor un club de enorme prestixio e tradición dentro do baloncesto feminino. Anímoa a que siga traballando por iso, e a maior das sortes en novas aventuras.

A todos os adestradores do club. Os que estais e os que xa non. Para min fostes unha gran familia e teredes sempre un oco no meu corazón. Hai moito talento profesional e humano, e lograredes calquera cousa que vos propoñades. Agradecer a Jacinto e Marcos o seu apoio, traballo e coidar da saúde das nosas deportistas. Mención especial para Alberto Gil, grazas por ser como es e espero tocar o tambor moitas veces máis contigo.

A todas as nenas e as súas familias, para min a parte máis importante deste club. Non chegarían todos os halagos e palabras bonitas para describir a vosa grandeza e o cariño que sento por todos vós. Sentirvos afortunados por ter as fillas que tedes e darvos as grazas por deixarme gozar convosco durante estes cinco anos.

Mención especial ás xogadoras

A todas e cada unha das xogadoras séniores coas que compartín estes anos. Vós sodes as grandes protagonistas desta historia. Que saibades que tedes en min a alguén que vos axudará sempre que poida. Desexarvos a mellor das sortes en todo.

A todo o persoal de Fontecarmoa por facilitarme o traballo cun sorriso e bos modos.

A toda a afección que apoia ao club. Mención especial para a Peña Fondo Bar e Nydia. Moi agradecido por todo o apoio que nos mostrastes. O voso cariño chegounos e fíxonos máis fortes en moitos momentos. Sodes dos maiores activos que ten o club.

E a todos os medios de comunicación. Sen vós non sería posible contar e transmitir o que este club e os seus equipos fan.”

Fuente: La Voz de Galicia

Publicado en: Cuerpo Técnico, El Club |
« El Soleira Cortegada campeón de la Copa Diputación
El ejercicio toma las calles »

Patrocinadores

Rehabmedic
Rehabmedic
Grupo Mariscos Antón
Grupo Mariscos Antón

Non á Violencia de Xénero

Non á Violencia de Xénero
Non á Violencia de Xénero
Non á Violencia de Xénero

PATROCINIOS

Abanca
Abanca
Galicia Saudable
Galicia Saudable
Deputacion de Pontevedra
Deputacion de Pontevedra
Fundación de Deportes
Fundación de Deportes
Galicia
Galicia
Deporte Galego
Deporte Galego

GRUPO 3

Aluma
Aluma Medical Art
Especialistas en cirugía y medicina estética, odontología, injerto capilar y depilación láser
sin-titulo
sin-titulo
fundiciones-rey2
fundiciones-rey2
logo
logo

Grupo 100

Mar de Arousa pescadería
Mar de Arousa pescadería
Mar de Arousa pescadería
Cristalarosa
Cristalarosa
El Taller del Olvido
El Taller del Olvido
A Despensa
A Despensa
Madison Av
Madison Av
Logo fondo azul_1
Logo fondo azul_1
Agepri
Agepri
La Toja Travel
La Toja Travel
Derby
Derby
Los Arcos
Los Arcos
fondo_ordena
fondo_ordena
rapariz_img14448t0
rapariz_img14448t0
Librería Pampin
Librería Pampin
Equivalenza
Equivalenza
Hotel Vilagarcía
Hotel Vilagarcía
LAREIRA
LAREIRA
Begoña Calvo Centro de Estética (1)
Begoña Calvo Centro de Estética (1)
ENJOY Café bar
ENJOY Café bar
Mike Barber Shop
1151963933 (1)
Trastero Bar
Trastero Bar
© A.D.CORTEGADA