Vilagarcía, sede da Fase Final da Liga Interzonal Sénior Feminina
O Pavillón Miguel González Estévez acollerá os vindeiros días 1, 2 e 3 de abril os seis encontros correspondentes a esta competición.
A Federación Galega de Baloncesto organizará en Vilagarcía, e con colaboración do A.D. Cortegada, a Fase Final da Liga Interzonal Sénior Feminina, competición que enfrontará os vindeiros 1, 2 e 3 de abril aos catro primeiros equipos clasificados en cada un dos grupos (norte e sur) da Fase Regular: o propio A.D. Cortegada, Maristas Cubicaje, C.B. Allariz e Seguros La Fe Compañía de María.
Esta Fase Final disputarase con formato de liga a unha volta, todos contra todos, e determinará qué dous equipos (1º e 2º clasificados tras a mesma) ascenden de xeito directo á Liga FGB Sénior Feminina e qué dous deberán promocionar posteriormente, para buscar tamén ese ascenso, cos equipos clasificados nos postos 9º e 10º da Autonómica Sénior Feminina.
Calendario e horarios
Data | Hora | Equipos | Resultados |
01 Abril 2011 | 17:30 | Seguros La Fe Compañía de María | 60 |
Maristas Cubicaje | 35 | ||
19:30 | C.B. Allariz | 53 | |
A.D. Cortegada | 43 | ||
02 Abril 2011 | 17:30 | C.B. Allariz | |
Maristas Cubicaje | |||
19:30 | A.D. Cortegada | ||
Seguros La Fe Compañía de María | |||
03 Abril 2011 | 17:30 | Seguros La Fe Compañía de María | |
C.B. Allariz | |||
19:30 | Maristas Cubicaje | ||
A.D. Cortegada |