Grazas Antolín, Grazas, por deixarnos formar parte da túa vida.
Grazas, por estes vinte moitos anos adicados ó Cortegada…
Grazas, pola túa xenerosidade e por ser sempre o primeiro en axudar, por dar todo, e máis, sen pedir nada a cambio…
Os que tivemos a sorte de compartir contigo estes anos, recordarémoste cun sorriso polas túas ocorrencias, e polo teu carácter tan “especial”. Vestido de Papá Noel, amenizando os partidos, facendo as brasas nas comidas de Club… E coa túa frase, tes razón, pero eu non estou de acordo contigo ![😏](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/t4/1/16/1f60f.png)
![😏](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/t4/1/16/1f60f.png)
Pero, tamén orgullosos, e buscando que sexas exemplo para todo o Club, de xenerosidade, valentía e de fortaleza… Por como afrontaches a túa vida, e todo o que che tocou vivir. E por como miraches de fronte a esta merda de enfermidade e nos sorprendiches a todos, día tras día.
María Isabel e Tania, un bico moi moi forte nestes intres. Tania, estás demostrando ser clara sucesora da xenerosidade, da fortaleza e da valentía do teu pai. Non podemos máis que tratar de acompañarvos nestes duros momentos.
O Cortegada queda coxo dunha das súas patas máis fortes. Perdemos un dos eixes da nosa directiva, e das persoas fortes que tanto pelexaron polo Club. Seguiremos loitando por ti, para que todas estas nenas e nenos poidan facer deporte, como ti querías.
Que a terra che sexa leve, Grazas Antolín! ![❤️](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/t6c/1/16/2764.png)
![❤️](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/t6c/1/16/2764.png)