«Non o sei. Véxoo bastante complicado para a tempada que vén. Ao mellor o Cortegada ten que pechar», estas son as declaracións do noso vicepresidente José Antonio Gorgoso na Voz de Galicia (podedes ler aquí a Entrevista).” Unhas palabras que nos costa escoitar… máis que nada porque o Cortegada leva Dende o ano 1987 competindo entre as dúas máximas categorías do baloncesto femenino español. Máis de 30 anos levando o Nome de Vilagarcía por todo o país, e nalgunhas ocasións tamén por Europa.
Pero, como ben dí Gorgoso, «Non hai apoios». Todo a pesar de que «Levamos moitos anos nisto -en referencia á maioría dos oito directivos que xestionan o Cortegada-, sen avance nas axudas nin compromiso co deporte feminino en xeral».
Igualdade de xénero?
Lemos na entrevista “nun momento no que a igualdade de xénero figura á cabeza dos discursos de boa parte da sociedade, o vicepresidente da entidade deportiva denuncia a ausencia dunha demostración real da teoría por parte das «institucións públicas, os medios e as empresas».”
Escoitamos cada día por parte dos políticos palabras acerca da necesidades de traballar en pro da igualdade de xénero, sen embargo non vemos grandes accións no día a día… Algo tan sinxelo como apoiar ó baloncesto feminino nunha cidade como Vilagarcía sería un gran paso para igualar o deporte feminino e masculino, pero parece que a cousa se retrasa ano tras ano…
Eso si, ben é certo que non solo se da na clase política, senón en toda a “cidadanía vilagarciá que, vistos os escasos 300 carnés de socio expedidos a presente campaña, semella vivir de costas a un equipo que a finais da pasada década chegou a levar o nome da localidade por media Europa, traendo a Fontecarmoa varios conxuntos da elite continental.”
Sentímonos solo
«Mentres non exista unha vontade de que o deporte feminino poida tirar para adiante, se non temos a certeza de ter os apoios para non pasar as penalidades de todos os anos para poder competir, non sei se o primeiro equipo vai saír a vindeira tempada», afirma Gorgoso.
“Un directivo que clama que «ás veces sínteste só» para encarar o reto de reunir da orde dos 130.000-140.000 euros do orzamento do primeiro equipo mentres, di, «se seguen buscando axudas para determinados deportes masculinos» do municipio. Neste punto, o voceiro do Cortegada lamenta que «xamais no club se recibíu unha chamada de ningún político da localidade para interesarse por nós».”
Como ben reflexiona o noso vicepresidente, «unha cidade se constrúe con grandes e con pequenas cousas. E nós parece que non importamos. Así é moi difícil de manter un equipo. Se non hai garantías suficientes, así non se pode seguir».
Asamblea da directiva para tomar decisións
De todas maneiras, “Gorgoso informa de que a directiva se reunirá en breve para comezar a preparar a asemblea de finais de maio, na que «falaremos claro, moi claro; e alto», e na que debería tomarse a decisión sobre o rumbo do primeiro equipo a un ano vista.”
Haberá que ver os compromisos que conseguimos nas próximas semanas e facer moi ben as contas para ver si é viable ou non…
Gorgoso non quiso rematar as declaracións sen dar as súas «felicitación ás xogadoras e ao corpo técnico polo seu rendemento. Polas condicións coas que contabamos, foi inmellorable».