«Metémosnos/Metémonos neste barco e esperamos chegar a bo porto». Con estas palabras concluía Francisco Silva, responsable da empresa Portomar, a súa intervención no acto de onte celebrado nas instalacións que a firma ten no polígono do Pousadoiro. E un acto que serviu para selar, para presentar aos medios de comunicación, o convenio de colaboración entre a empresa vilagarciá e o Cortegada. Un acordo que permitiu que o club poida competir na Liga Feminina 2, afirmou José Gorgoso, tras unha campaña moi complicada no económico polo fracaso co anterior patrocinador.
O conxunto da Liga Feminina 2 denominarase Portomar Cortegada pero, ademais, a marca lucirá nos equipamentos de todos os equipos das categorías inferiores do club. O acordo ten, en principio, unha vixencia dun ano e «aínda que non somos unha empresa rica queremos colaborar na medida das nosas posibilidades», afirmou Silva Santos.
Xa co problema do sempre complicado asunto do patrocinador liquidado toca empezar a pensar no equipo. Gorgoso non lanzou demasiadas novidades na súa comparecencia. Explicou que están en negociacións para atopar un substituto de Pepe Vázquez á fronte do banco e que as conversacións son con técnicos da casa, é dicir Rubén Domínguez e Nacho Rebollo.
Polo que respecta á configuración do persoal, Gorgoso confirmou que o club está especialmente interesado en conseguir a continuidade de Montse Gilabert, Salomé e Andrea Ríos, ademais de Alejandra e Eva Arines. A partir de aí, subirá ao primeiro equipo algunha integrante do conxunto xuvenil. Todo para formar un equipo cun 80% de xogadoras saídas da canteira e cun capítulo de fichaxes que será mínimo.
Fuente: La Voz de Galicia
Foto: Martina Miser