• Inicio
  • El Club
    • Historia A.D. Cortegada
    • Palmarés
    • Patrocinio
  • Mariscos Antón Cortegada
    • Plantilla 2022/2023
    • Imágenes Cortegada
    • Resultados
    • Clasificación
  • Novedades
    • Noticias
    • Crónicas
    • Crónicas base
    • Entrevistas
  • Documentos y RRI CLB
    • REGLAMENTO DE RÉGIMEN INTERNO – C.L.B.
    • Protocolo de actuación frente a la violencia sexual FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE BALONCESTO
  • GRUPO100

«Non o sei. Véxoo bastante complicado para a tempada que vén. Ao mellor o Cortegada ten que pechar»

Publicada en abril 26, 2019 de admin

«Non o sei. Véxoo bastante complicado para a tempada que vén. Ao mellor o Cortegada ten que pechar», estas son as declaracións do noso vicepresidente José  Antonio Gorgoso na Voz de Galicia (podedes ler aquí a Entrevista).” Unhas palabras que nos costa escoitar… máis que nada porque o Cortegada leva Dende o ano 1987 competindo entre as dúas máximas categorías do baloncesto femenino español. Máis de 30 anos levando o Nome de Vilagarcía por todo o país, e nalgunhas ocasións tamén por Europa.

Pero, como ben dí Gorgoso, «Non hai apoios». Todo  a pesar  de que «Levamos moitos anos nisto -en referencia á maioría dos oito directivos que xestionan o Cortegada-, sen avance nas axudas nin compromiso co deporte feminino en xeral».

Igualdade de xénero?

Lemos na entrevista “nun momento no que a igualdade de xénero figura á cabeza dos discursos de boa parte da sociedade, o vicepresidente da entidade deportiva denuncia a ausencia dunha demostración real da teoría por parte das «institucións públicas, os medios e as empresas».”

Escoitamos cada día por parte dos políticos palabras acerca da necesidades de traballar en pro da igualdade de xénero, sen embargo non vemos grandes accións no día a día… Algo tan sinxelo como apoiar ó baloncesto feminino nunha cidade como Vilagarcía sería un gran paso para igualar o deporte feminino e masculino, pero parece que a cousa se retrasa ano tras ano…

Eso si, ben é certo que non solo se da na clase política, senón en toda a “cidadanía vilagarciá que, vistos os escasos 300 carnés de socio expedidos a presente campaña, semella vivir de costas a un equipo que a finais da pasada década chegou a levar o nome da localidade por media Europa, traendo a Fontecarmoa varios conxuntos da elite continental.”

Sentímonos solo

«Mentres non exista unha vontade de que o deporte feminino poida tirar para adiante, se non temos a certeza de ter os apoios para non pasar as penalidades de todos os anos para poder competir, non sei se o primeiro equipo vai saír a vindeira tempada», afirma Gorgoso.

“Un directivo que clama que «ás veces sínteste só» para encarar o reto de reunir da orde dos 130.000-140.000 euros do orzamento do primeiro equipo mentres, di, «se seguen buscando axudas para determinados deportes masculinos» do municipio. Neste punto, o voceiro do Cortegada lamenta que «xamais no club se recibíu unha chamada de ningún político da localidade para interesarse por nós».”

Como ben reflexiona o noso vicepresidente, «unha cidade se constrúe con grandes e con pequenas cousas. E nós parece que non importamos. Así é moi difícil de manter un equipo. Se non hai garantías suficientes, así non se pode seguir».

Asamblea da directiva para tomar decisións

De todas maneiras, “Gorgoso informa de que a directiva se reunirá en breve para comezar a preparar a asemblea de finais de maio, na que «falaremos claro, moi claro; e alto», e na que debería tomarse a decisión sobre o rumbo do primeiro equipo a un ano vista.”

Haberá que ver os compromisos que conseguimos nas próximas semanas e facer moi ben as contas para ver si é viable ou non…

Gorgoso non quiso rematar as declaracións sen dar as súas «felicitación ás xogadoras e ao corpo técnico polo seu rendemento. Polas condicións coas que contabamos, foi inmellorable».

 

Publicado en: Noticias | Etiquetas: axudas, Baloncesto, Baloncesto femenino, igualdade de xénero |
« Victoria 52/56 ante el Advisoria Boet Mataró
“Las jugadoras se sienten especialmente identificadas con el club al ser canteranas y haber desarrollado gran parte de su carrera deportiva en el Kemegal Cortegada” »

Patrocinadores

Rehabmedic
Rehabmedic
Grupo Mariscos Antón
Grupo Mariscos Antón

Non á Violencia de Xénero

Non á Violencia de Xénero
Non á Violencia de Xénero
Non á Violencia de Xénero

PATROCINIOS

Abanca
Abanca
Galicia Saudable
Galicia Saudable
Deputacion de Pontevedra
Deputacion de Pontevedra
Fundación de Deportes
Fundación de Deportes
Galicia
Galicia
Deporte Galego
Deporte Galego

GRUPO 3

Aluma
Aluma Medical Art
Especialistas en cirugía y medicina estética, odontología, injerto capilar y depilación láser
sin-titulo
sin-titulo
fundiciones-rey2
fundiciones-rey2
logo
logo

Grupo 100

Mar de Arousa pescadería
Mar de Arousa pescadería
Mar de Arousa pescadería
Cristalarosa
Cristalarosa
El Taller del Olvido
El Taller del Olvido
A Despensa
A Despensa
Madison Av
Madison Av
Logo fondo azul_1
Logo fondo azul_1
Agepri
Agepri
La Toja Travel
La Toja Travel
Derby
Derby
Los Arcos
Los Arcos
fondo_ordena
fondo_ordena
rapariz_img14448t0
rapariz_img14448t0
Librería Pampin
Librería Pampin
Equivalenza
Equivalenza
Hotel Vilagarcía
Hotel Vilagarcía
LAREIRA
LAREIRA
Begoña Calvo Centro de Estética (1)
Begoña Calvo Centro de Estética (1)
ENJOY Café bar
ENJOY Café bar
Mike Barber Shop
1151963933 (1)
Trastero Bar
Trastero Bar
© A.D.CORTEGADA