«Non o sei. Véxoo bastante complicado para a tempada que vén. Ao mellor o Cortegada ten que pechar», estas son as declaracións do noso vicepresidente José Antonio Gorgoso na Voz de Galicia (podedes ler aquí a Entrevista).” Unhas palabras que nos costa escoitar… máis que nada porque o Cortegada leva Dende o ano 1987 competindo entre as dúas máximas categorías do baloncesto femenino español. Máis de 30 anos levando o Nome de Vilagarcía por todo o país, e nalgunhas ocasións tamén por Europa.
Pero, como ben dí Gorgoso, «Non hai apoios». Todo a pesar de que «Levamos moitos anos nisto -en referencia á maioría dos oito directivos que xestionan o Cortegada-, sen avance nas axudas nin compromiso co deporte feminino en xeral». Continuar leyendo »